// GAL
Foto: Manu Vidal |
O tempo é unha fixación nas composicións de Hilario Rodeiro, en especial na súa percepción e o polo modo no que se manifesta. Este novo disco inspírase nas pausas do día a día, naquelas interseccións entre momentos distintos, que preceden e anuncian outros intres, que conclúen, repousan… ou que simplemente suceden.
Pausa móvese nas lindes entre o pop-rock e o jazz experimental. Segue a liña da música de vangarda que discográficas como ECM ou ACT veñen apoiando nas últimas décadas, con artistas como Bobo Stenson, Jakob Bro ou E.S.T.. O álbum publicarase en xuño de 2024 e recolle unha obra enmarcada completamente na reflexión sobre o tempo e os momentos. As composicións parten dunha emoción profunda e sincera en cada unha das melodías que soan na obra, intentando atrapar a esencia de cada pausa escollida.
Á venda en Gaztelupeko Hostak / Errabal jazz https://hotsak.eus/es/product/pausa/
Hilario (Ordes, 1981) reside dende fai máis de 15 anos nos arredores de San Sebastián, Guipúzcoa. Puido actuar con infinidade de artistas internacionais como Gordon Lee, Sabine Kühlich, Chris Kase, Bob Sands, Andrej Olejnizack, Ilja Reijngoud, Deborah Carter, así como célebres formacións como Pamplona Jazz Orquesta, R.S.Faktor, CiTriC, Los Wachisneis, e un larguísimo etc.
Como compositor creou o diseño sonoro e a música para espectáculos de danza contemporánea como Orígenes, Elektrical Body e Transoceánica (Dínamo Danza) ou Nikola (Atalak) así como curtometraxes. Ten premios como o BBK ao mellor disco de jazz (R.S.Faktor, 2012), V Concurs de Jazz de Barcelona (Citric, 2009), ou mellor canción en galego (Mamá Cabra, 2006).
O quinteto está formado por:
Juan de Diego, trompeta
Eneko Dieguez, saxo alto
Julen Izarra, saxo tenor e soprano
Kike Arza, contrabaixo
Hilario Rodeiro, batería e composición
contacto / contratación
650 960 532abelurio.sons@gmail.com
Proxecto apoiado por: